POR SÉTIMO ANO CONSECUTIVO, CONTINENTAL PRESENTE NOS GOYA

1 / 02 / 2008

Este ano, a produtora acode aos Goya con dúas nominacións nas categorías de Mellor Curtametraxe de Animación e Mellor Canción Orixinal CONTINENTAL estará presente de novo outro ano entre os candidatos aos premios anuais do cine español que entrega a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.

Nesta ocasión, a produtora galega acode con dous nomeamentos debaixo do brazo. Por unha banda A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO, dirixida por Juan Pablo Etcheverry, opta á categoría de Mellor Curtametraxe de Animación. Esta curta, que xa paseou por todo o mundo, acaba de proxectarse en Madrid no marco de Cortogenia e tamén en Barcelona e Madrid a través de Curtficcions.

A longametraxe CONCURSANTE, ópera prima do galego Rodrigo Cortés, unha aceda crónica sobre o sistema económico actual protagonizada por Leonardo Sbaraglia, Myriam Galego e Chete Lera ten un nomeamento á Mellor Canción Orixinal polo tema Circus Honey Blues.

Estes dous nomeamentos supón a 31º e 32º de CONTINENTAL aos Goya, habendo conseguido o galardón en 6 ocasións.

Os premios se entregarán durante a gala que terá lugar o vindeiro domingo 3 de febreiro, a celebrar no Pazo Municipal de Congresos en Madrid.

Se necesitas máis información, non dubides en contactar con Bea Cavanillas no 91 474 54 15

Categoría: Noticias
Etiquetas: