A ASOCIACIÓN VEREA CELEBRA AS XORNADAS AUDIOVISUAIS «FORMACCIÓN»

8 / 02 / 2008

Máis de medio centenar de alumnos/as do audiovisual comezan esta fin de semana en Vedra (A Coruña) os obradoiros das I Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual «formAcción» organizadas pola Asociación Cultural Verea no Centro de Novas Tecnoloxías de Vedra.
O programa arrinca mañá sábado día 9, ás 9:30 da mañá, coa celebración da primeira parte do Curso de Iniciación as Curtametraxes impartido polo cineasta Alber Ponte, e que se prolongará ata o domingo día 10. Tamén o sábado pero ás 10:00 da mañá ten lugar o Obradoiro de Videocreación impartido por Miguel Seoane.

Ao día seguinte, domingo, e á mesma hora –10:00- tócalle o turno ao obradoiro O Intérpete diante da Cámara, impartido polo coñecido director Mario Iglesias. Xa na tarde do domingo, ás 19:00 horas, Mario Iglesias deleitará aos presentes cunha clase maxistral da súa ópera prima «De bares», na Casa de Cultura de San Xián.

As xornadas pecharanse pola noite, cunha mostra audiovisual adicada a Alber Ponte, ás nove da noite na Escola de Ponte Ulla.

Máis información na web www.asociacionverea.org

Categoría: Noticias
Etiquetas: