«MARXEN» DE GONZÁLEZ BARCELÓ, SELECCIONADO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE VIDEO ACERT

28 / 04 / 2008

A curtametraxe de animación «MarXen» de José Luis González Barceló está seleccionada no festival Internacional de Vídeo Acert en Tondela, Portugal, que terá lugar do 30 de abril ao 3 de maioás 21:45 horas no auditorio 2.
O TOM DE VÍDEO ’08 Festival Internacional de Vídeo ACERT afírmase como “um espaço de demonstração, experimentação e comunicação das novas artes visuais, no qual os criadores têm oportunidade de dar a conhecer os seus trabalhos”.
O Programa inclúe tamén un Masterclass, cun realizador e projectos sorprendentes (Filipe Melo); un workshop de principios prácticos para a escrita de argumentos (Paulo Leite Professor, da Escola Superior de Cinema de Lisboa); un debate e a apresentación do proxecto «Crioulas Vídeo» (Brasil), «Identidades»; unha instalación interactiva «Grass Traces» coa que cada espectador pode interactuar, creando imaxes a partir dese mesmo contacto (Kirk Woolford e Carlos Guedes)

«MarXen (Genetic Sea)» tamén está a participar na convocatoria VIDEOVIDEO, PREMIOS DE CREACIÓN AUDIOVISUAL que ACCIONA presenta, con motivo da celebración da Expo Zaragoza 2008.

A curtametraxe «MarXen» estivo seleccionada no «XIV Certamen de Cortometraje Digital Punta Umbría (Huelva) 2007», no, en «curtasnarede» («IV Festival de Cans (Pontevedra) 2007» e participou en festivais e certámenes como «18 Festival Internacional de curta-metragems de Sao Paulo Brazil 2007» nunha versión anterior non definitiva) ou na 23ª edición de Mercado da curtametraxe do «Festival Internacional de Clermont-Ferrand».

Máis información en:
http://www.acert.pt/tomdevideo08/
www.videovideoacciona.com > «MarXen» pieza # 7
www.joseluisgonzalezbarcelo.com
www.youtube.es/jlgbarcelo

Categoría: Noticias
Etiquetas: