A partir do luns 12 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela comeza a Mostra de Cine Cubano en Galicia, na que se poderán ver as películas de maior éxito da cinematografía cubana nos últimos anos. As entradas son gratuítas e están dispoñibles no despacho de billetes dende as 17 horas.
As proxeccións para esta primeira xornada son as seguintes:
El Benny Luns, 12 de maio 20 h.
Tres veces dos Martes, 13 de maio 20 h.
Nada Mércores, 14 de maio 20 h.
La pared Xoves, 15 de maio 20 h.
Viva Cuba Venres, 16 de maio 20 h.
As proxeccións da Mostra de Cine Cubano en Galicia se desenvolverán no Teatro Principal ás 20 horas entre os días 12 e 16 de maio.
A mostra forma parte dos acordos acadados na Habana entre o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia co Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC), en abril de 2007 con motivo do I Encontro Audiovisual Galicia-Cuba. A idea de organizar con carácter bienal Mostras de Cine Galego en Cuba e de Cine Cubano en Galicia pretende ampliar as canles de difusión dos seus respectivos patrimonios audiovisuais e para afianzar as relacións institucionais, profesionais e artísticas de ambas cinematografías.