Como parte do Plan de Formación do Consorcio Audiovisual de Galicia, convócase a segunda fase do Obradoiro de Dobraxe e Lingua, organizado en colaboración con APRADOGA e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que dará comezo o 6 de xuño, dirixido aos actores e actrices de dobraxe, cunha duración de 32 horas.
A información sobre o programa, profesorado, prazos e modo de inscrición pódese consultar no Consorcio Audiovisual de Galicia, no teléfono 981 957 182, ou ben no e-mail formacion@consorcioaudiovisualdegalicia.org
O CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA CONVOCA A SEGUNDA FASE DO OBRADOIRO DE DOBRAXE E LINGUA
Categoría: Noticias
Etiquetas: