O LICENSING EN OBRAS AUDIOVISUAIS

22 / 05 / 2008

Montse Rendé, licensing manager de Cromosoma, imparte unha clase no MPXA, Máster en Produción e Xestión Audioviusual da Universidade da Coruña, sobre Licensing na obras audiovisuais, mañá 22 de Maio.
Cromosoma é unha productora de debuxos animados e a serie con máis éxito que teñen é As Tres Mellizas que está presente en máis de 140 territorios e traduciuse a máis de 40 idiomas. Teñen outras series exitosas como Juanito Jones, Tom e están traballando en novas producións como Asha e Lila.

O licensing é a cesión de dereitos de uso dunha marca que fai o propietario da mesma a un terceiro, chamado licenciatario. O propietario da marca, no caso das Tres Mellizas, Cromosoma, cede o uso da imaxe a distintos empresarios.
Dentro de Cromosoma non só se xestiona os dereitos de licensing das súas producións senón tamén os dereitos de televisión e editoriais.

Montse Rendé é licenciada en Dereito e traballou en Biplano, Toyland, Miff e os seus inicios foron en TPH Club (Club infantil de TVE).

Categoría: Noticias
Etiquetas: