JAVIER CORCUERA IMPARTE UN CURSO SOBRE DOCUMENTAL SOCIAL

3 / 06 / 2008

Javier Corcuera impartirá un seminario-obradoiro sobre o Documental Social no MPXA (Máster en Producción e Xestión Audiovisual) os vindeiros días 5, 6 e 7 de Xuño. Este seminario forma parte do I Curso en Creación e Guionización de Documentais que organiza o Máster de Producción e Xestión Audiovisual, en colaboración coa Televisión de Galicia, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, Axencia Audiovisual Galega, e a Universidade da Coruña .
Este director deuse a coñecer coa súa primeira longametraxe “La espalda del mundo” pola que obtivo o premio da Crítica Internacional no Festival de Cine de San Sebastián (2000) entre outros. Coa súa segunda longametraxe, “La guerrilla de la memoria” (2002), salta ó pasado e retrata unha parte olvidada da historia de España. ”Invierno en Bagdad” (2005) rodado antes e durante a ocupación norteamericana en Bagdad obtivo numerosos premios: Mellor película documental no festival de cine Español de Málaga, mellor película documental do festival Internacional de cine latino de Los Ángeles, e outros. Pola súa última película “Invisibles”, codirixida con outros autores recibiu o Goya da Academia de Cine.

Categoría: Noticias
Etiquetas: