O CGAI PROXECTA A I MOSTRA DE CURTAS CREA

5 / 06 / 2008

O Centro Galego de Artes da Imaxe (Durán Loriga 10 baixo, A Coruña) proxecta mañá venres día 6 de xuño (23.00 horas), baixo iniciativa de CREA, Directores e Realizadores Asociados de Galicia, unha Mostra de curtas galegas dos últimos anos, que proseguirá o día 20 de xuño. O acto irá precedido dunha presentación na que intervirán diversas persoalidades do cine galego e membros de CREA. A entrada é gratuíta.
I Mostra de Curtas CREA

1ª sesión (6 de xuño):

ISOLINA DO CAUREL (Chema Gagino, 1997). 13 minutos.
O MATACHÍN (Jorge Coira, 1997). 15 minutos.
AS MÚXICAS (Carlos A. Alonso, 2001). 18 minutos.
CINE_ASCIIart (Juan Lesta, 2003). 4 minutos.
LA LUZ QUE ME ILUMINA (Emilio MacGregor e Pape Pérez, 1996). 15 minutos.

Duración: 65 minutos.
Selección de curtas pertencentes á Historia do cine en Galicia, todas elas realizadas en 35 mm.

2ª sesión (20 de xuño):

NOTAMOTOF (Rubén Coca, 2004). 9 minutos.
EL CAMINO DEL AGUA (Toño López, 1993). 4 minutos.
MINAS (Dani de la Torre, 2003). 15 minutos.
LEO (Fernando Cortizo, 2008). 13 minutos.
CORTEN (Mario Iglesias, 2006). 4 minutos.
RIAZOR BLUES (Alber Ponte, 2005). 18 minutos.

Duración: 63 minutos.
Outra antoloxía de coñecidos traballos galegos de curta duración, nesta ocasión en formato vídeo.

Categoría: Noticias
Etiquetas: