O CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE PRODUCIÓN CON MONTSERRAT PRAT BRUXOLA

9 / 07 / 2008

O Centro Coreográfico Galego organiza do 8 ao 12 de setembro en Santiago un Taller de Produción impartido por Montserrat Prat Bruxola, experta en xestión cultural e produtora da compañía Rararavis.
DATOS DO CURSO:

IMPARTE – Montserrat Prat.
DATAS E HORARIO – do 8 ao 12 de setembro de 10.00 h a 14.00 h
LUGAR – Arteria Noroeste/ Sede SGAE (Rúa das Salvadas, 2. Santiago de Compostela)
TIPO DE PARTICIPANTES – Responsables de produción de proxectos e profesionais das artes escénicas.
Nº DE PRAZAS – 20
PREZO – 80 ¤ (*25% de desconto para membros das asociacións profesionais da danza, parados, socios da SGAE,
estudantes e carné xove)
ORGANIZA: Centro Coreográfico Galego.
COLABORA: Arteria Noroeste/ Sede SGAE Santiago de Compostela.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
Enviar currículo vitae e solicitude de matrícula ao correo electrónico:
documentacion.ccg@xunta.es

Categoría: Noticias
Etiquetas: