«CURTOCIRCUÍTO NA RÚA» TRASLÁDASE Á PRAZA DE ABASTOS POR MOR DA CHUVIA

10 / 07 / 2008

Curtocircuíto na Rúa trasládase hoxe xoves 10 de xullo á Praza de Abastos. A partir das 22.30 proxectarase unha selección das mellores curtametraxes galegas dos últimos anos.
A proxección estaba prevista na a praza de Cervantes pero a predicción de choiva traslada o programa By Galicia á nave central do Mercad de abastos onde poder disfrutar dunha noite de curtas a cuberto.

O programa By Galicia, recolle catro pezas de ficción: Cores, Da man da raíña vermella, As cores do frío e Auga, 2 animacións: A revolta dos mouses e 1977 e un documental: Jedn.

A vindeira cita será na Praza de Abastos o 17 de xullo co programa Grandes Curtas unha escolma de curtas gañadoras de premios tan recoñecidos como os Goya, os Oscar ou os BAFTA.

Categoría: Noticias
Etiquetas: