«CURTOCIRUCITO NA RÚA» PROXECTA HOXE SETE CURTAS INTERNACIONAIS NA PRAZA DE ABASTOS DE SANTIAGO

31 / 07 / 2008

Por mor da chuvia a proxección de curtas internacionais prevista no Parque de Bonaval trasládase hoxe á Praza de Abastos, onde poder disfrutar dunha noite de cine a cuberto. A partir das 22.30 desta noite o Mercado de Abastos acolle a proxección A Volta ao Mundo que inclúe 7 curtas internacionais que acumulan máis de 100 premios.
Un xoves máis, os espectadores de Curtocircuíto na Rúa terán a oportunidade de decidir cos seus votos cal será a curta gañadora do Premio do Público que se entregará na Gala de Entrega de Premios que clausurará o Festival o 24 de outubro.

O ciclo de curtas, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e a Concellaría de Cultura, continúa en agosto, cando se proxectará unha selección de curtas do Festival de Clermont-Ferrand, vídeos musicais e as mellores curtas feitas en España.

O 28 de agosto na Praza da Quintana, o DJ Ollie Teeba, do grupo The Herbaliser, e os VJs galegos D-Rndm ofrecerán unha sesión única de videocreación en directo que porá punto final ás actividades de verán de Curtocircuíto.

Curtocircuíto regresa na súa Semana Oficial (entre o 17 e o 20 de outubro) con máis curtas, obradoiros de formación, exhibicións, o III Mercado Internacional de Curtas e moitas outras actividades relacionadas co cinema de curta duración.

Categoría: Noticias
Etiquetas: