2º PREMIO DO MICROCURT PARA JAIRO IGLESIAS POLA CURTA «CORES»

5 / 09 / 2008

O pasado venres 18, Jairo Iglesias recolleu o 2º Premio do Microcurt, o 7º Festival de Vídeo de Igualada, pola súa curtametraxe «CORES , interpretada por Alberto Rolán e Vicente de Souza.
Esta obra, produción de Mr Misto Films, segue a recibir premios como o Premio do Público no Festival Nacional de Curtas «Redondela en curto» ou o premio ao Mellor Guión e Mellor Curta no Festival Galego de Curtas Cidade de Sada.
O director recolleu o premio no ateigado auditorio da vila barcelonesa agradecendo «a todos los que me han ayudado a hacer realidad el sueño de trabajar en el audiovisual» e como sempre recordou ao seu equipo de traballo: “este premio es para todas las personas que han estado en el corto».
Jairo Iglesias foi o gañador do Mestre Mateo 06 á Mellor Curta de Ficción coa peza, «Cicatrices» e dende entón o seu éxito profesional non parou, dende «Rosa dos ventos» ate «1936. Ribadeo».

Etiquetas: