A película de Ignacio Vilar PRADOLONGO acaba de recibir o IV PREMIO CIUDAD DE SAN SEBASTIAN FILM COMISSION, premio integrado no marco da sección Made In Spain do festival, dotado con 12.000 euros e que segundo o propio festival supón unha plataforma de lanzamento internacional para a película vencedora. As películas gañadoras en anteriores edicións foron “Alatriste”, “La leyenda del Tiempo” e “En La Ciudad”.
PRADOLONGO competía así co resto das películas presentes en dita sección como “El Orfanato”, “Rec”, “Los Crímenes de Oxford”, etc. O xurado, composto polas actrices Natalia Verbeke e Alicia Borrachero, polo escritor e crítico Manuel Hidalgo e o recoñecido decorador Pascua Ortega concedeu o premio á cinta rodada en Valdeorras por ter sido a cinta que mellor reflexa os valores urbanísticos, paisaxísticos, culturais e sociais de onde foi rodada, e colaborou coa súa promoción como espacio escénico ao servicio da industria audiovisual.
Así, o festival de San Sebastián recoñece o traballo de Ignacio Vilar e de todo o equipo por facer dunha historia local e 100% galega algo universal, que está a obter unha gran acollida aló por onde se presenta, con independencia de fronteiras. Lembremos que PRADOLONGO está falada íntegramente en “galego de Valdeorras”.
A entrega do premio Ciudad de San Sebastián Film Commission terá lugar o vindeiro martes 23 de setembro de 2008 ás 19:00 na sala nº 9 dos cines Príncipe, e contará coa asistencia do xurado. Posteriormente á entrega, a película proxectarase ante un aforo duns 240 espectadores.
Ese mesmo día está previsto celebrar unha especie de “día galego” no Festival de Donosti, xa que o equipo de PRADOLONGO está a preparar unha gran festa para celebrar o premio e a súa participación na sección Made In Spain. Terá lugar no Hotel María Cristina e asisitirán o director Ignacio Vilar, os actores protagonistas Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto así como un grande número de persoeiros que poderán festexar este triunfo do cine galego con música, comida e viño Godello de Valdeorras. Só se poderá aisistir con invitación.
O día seguinte, 24 de setembro, terá lugar a segunda proxección da película no marco da sección Made in Spain.
Seguiremos informando. Se queredes calquera tipo de entrevista individual con director ou actores podedes poñervos en contacto con Alberto Pereira no 655 811 714 ou a través deste mesmo correo electrónico.
Producida por Vía Láctea Filmes PRADOLONGO conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación en Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega, da Deputación de Ourense. Tamén contou coa coa colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, Turgalicia, e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.