Matriuska Producciones comeza hoxe a gravación da curtametraxe “Caracolas” dirixida por Miguel Caruncho. A curta protagonizada por Vicente Montoto, Mariana Carballal e Manuel Lozano iniciará a rodaxe hoxe na Praia de Canelas Portonovo).
«Caracolas» conta a historia de Don Antonio, protagonista de rumores e lendas locais, que tras a aparición duns osos e unha medalla da Virxe do Carme no mar, vese na necesidade de revelar a Ramón, o seu neto, a realidade do acontecido moitos anos atrás. A unión entre duas xeracións lonxanas unidas emocionalmente máis alá dos lazos familiares.
Aínda que a gravación durará ata finais da semana, debido a dificultade das esceas a rodar no día de hoxe, Matriuska conta coa axuda dos membros de Protección Civil e a Policía Local de Sanxenxo. Asemade, unha das protagonistas da gravación de hoxe será unha típica embarcación galega, a dorna, neste senso contaremos coa indispensable colaboración da Asociación de Amigos da Dorna de Portonovo, que nos cederán as suas embarcacións para a rodaxe.