MALDITO BASTARDO! PERCORRE TRES CONTINENTES DURANTE O MES DE NOVEMBRO

6 / 11 / 2008

A longametraxe do realizador compostelán Javi Camino continúa a súa peregrinaxe por festivais de xénero de Sudáfrica, Arxentina e Gran Bretaña.
O 1 de novembro estivo presente no festival Buenos Aires Rojo Sangre, na sección «Fuera de foco» cunha gran acollida por parte do público.
Seguiu o seu percorrido intercontinental facendo parada no South African Horror Fest, onde foi proxectada o día 2 dentro da sección oficial. A organización do festival calificouna como “A crazy, innovative and rather blackly humorous Spanish gem”.

O seguinte destino será o Abertoir Film Festival de Gran Bretaña onde será proxectada o 14 de novembro. A longa participa dentro da sección «Make your own damn movie», espacio do festival para as produccións máis independentes. Según as propias verbas da organización do festival, «in this strand, we hope to be discovering new and upcoming filmmakers who have the potential to make a name for themselves in the horror industry».

Máis info:

www.malditobastardo.net
http://abertoir.co.uk/
http://www.horrorfest.info/
http://rojosangre.quintadimension.com/

Categoría: Noticias
Etiquetas: