O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), na rúa Durán Loriga, 10 baixo, presenta hoxe xoves día 13 de novembro (20.30 horas) o libro “Las imágenes de Carlos Velo”, publicado pola UNAM de México, coa presenza do seu autor, Miguel Anxo Fernández, coñecido crítico cinematográfico e director da publicación “AG” (Audiovisual Galego), docente na Universidade de Vigo no campus de Pontevedra, na titulación de Comunicación Audiovisual, e historiador, ademais de novelista.
A obra «Las imágenes de Carlos Velo» é un recorrido biográfico e profesional pola traxectoria do cineasta galego Carlos Velo (Ourense, 1909-México D.F.,1988) que pretende achegar ao lector á súa obra, sen
descuidar mesmo os seus proxectos frustrados. A sesión inclúe a proxección dalgún dos máis importantes traballos de Carlos Velo, seleccionados por Miguel Anxo Fernández, que adiantará algúns aspectos da celebración que terá lugar o vindeiro ano polo centenario do director ourensán. A duración estimada do acto será dunha hora. A entrada é gratuíta.
MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ PRESENTA NO CGAI O SEU LIBRO «LAS IMÁGENES DE CARLOS VELO»
Categoría: Noticias
Etiquetas: