A CRUZ ROJA PROXECTOU «OS HOMELESS INVISIBLES», UN DOCUMENTAL DE IBISATV E TVG SOBRE AS PERSOAS SEN FOGAR

24 / 11 / 2008

Con motivo da celebración do Día das persoas sen fogar 2008 e baixo o lema «No tener hogar significa mucho más que estar sin techo», a Cruz Roja de Santiago proxectou onte domingo na Fundación Caixa Galicia o documental realizado por IBISAtv en coprodución coa TVG, «Nas mellores familias: os homeless invisibles», unha reflexión realista e sen concesións sobre as vidas de persoas anónimas, maltratadas polo destino, que viven moi preto de nos día a día e, sen embargo, parecen ser invisibles aos nosos ollos.
O documental, que foi rodado este ano en Santiago, foi emitido por TVG no ano 2008, no espazo «Galicia documental», e reflexa as vidas dunha ducia de protagonistas, os «sen teito» da cidade, xente anónima que non vemos e que pasan o noso carón a diario.

«Os homeless invisibles» é un xeito de compartir eses crueis relatos autobiográficos, no que os seus protagonistas (acaso procedentes de «as mellores familias»…), falan en primeira persoa de cómo chegaron a súa situación, razóns que moitas veces nos resultan familiares: unha mala xogada da vida, unha decisión equivocada… pode levar a persoas normais a vivir na rúa.

Persoas como Leo de Esteiro, Ricardo de Granada, Salvador de Ponferrada, José Luís de Noia, Ángel de A Coruña ou Xosé de Portugal. Voces da rúa con inquedanzas e opinións, como calquera de nós. Descoñecidos que levan nalgún caso incluso trinta anos vivindo na rúa, sobrevivindo coa axuda duns poucos e loitando por saír adiante.

A vida na rúa faise máis sinxela grazas a asociacións que axudan a estas persoas como Cáritas Diocesana, a Cruz Vermella, a Cociña Económica…, entre outras institucións, que tamén aparecen reflexadas no programa.

Categoría: Noticias
Etiquetas: