Outras 08

7 / 01 / 2009

Mostra de Cinema e Sociedade, organizada pola Asociación Cultural e de Promoción Social Conxeito

A Academia Galega do Audiovisual, na persoa da presidenta María Bouzas, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, na persoa do presidente, Vicente Montoto, e os actores que forman parte destas asociacións, recibiron a Mención Especial 2008 en recoñecemento da súa labor de consolidación do sector audiovisual en Galicia. A Mostra pretendía, desta forma, render unha homenaxe pública a unha xeración que, dun xeito moi visible, está a poñer os firmes alicerces que servirán para poder falar o día de mañá do cinema en Galicia.

Nova Lei do Cine

A Academia participou nesta xornada de debate sobre a Nova Lei do Cine organizada polo Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación Araguaney. A xornada estivo articulada en torno a dúas mesas. A primeira versou sobre o proceso de elaboración e desenvolvemento da nova lei, participaron Fernando Lara, Director Xeral do ICAA e Nacho Varela, Director – Xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia. Na segunda das mesas tratouse a posición do sector cinematográfico ante a Nova Lei do Cine. Nesta mesa estiveron María Bouzas, Inés París, Enrique González-Macho e Alfonso Zarauza

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: