MANUEL y ELISA de Manuel Fdez-Valdés , resultou gañadora do premio ex aequo da Sección Oficial Documentais Galegos do Festival Play-Doc de Tui. A película documental do director pontevedrés, nominada ós Mestre Mateo 2008 como Mellor Película Documental, é unha produción de Tic Tac Producciones en coprodución coa Televisión de Galicia.
O documental conta co apoio da Axencia Audiovisual Galega , Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia,a Consellería de Innovación e Industria, a Fundación Centro Galego de Artesanía e do Diseño,o Consorcio Audiovisual de Galicia e Gadis.