A CURTAMETRAXE «88 DÍAS» PREMIADA NO FESTIVAL DE CINEMA JOVE DE VALENCIA

23 / 06 / 2009

A curtametraxe 88 días, dirixida por Vera Lúa Fuentes, gañou o premio á mellor interpretación masculina no Festival de Cinema Jove de Valencia. O gañador é Jacobo Saénz Díez-Rosón. Ambos, directora e actor, son membros da Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia (EGACI). Na última edición dos premios Mestre Mateo esta obra estivo preseleccionada nalgunha das categorías. O Festival Internacional de Cinema Jove de Valencia  chegou este ano á súa 24 edición. Cada mes de xuño a capital do Turia convértese en lugar de reunión do cine, poñendo o foco sobre as películas máis inquietas e creativas.


Etiquetas: