A xerente de Interacción, a axencia interactiva máis premiada de Galicia, participou no foro Novos Medios e Contidos Audiovisual – Novomed 09, contribuíndo co seu relatorio a definir o futuro dos contidos audiovisuais interactivos.
O foro, impulsado por AGAPI, reuniu na facultade de Ciencias da Comunicación de da Universidade de Santiago de Compostela a expertos representantes das entidades máis destacadas en innovación audiovisual a nivel internacional e nacional.
Beatriz Legerén, xerente de Interacción, centrou a súa intervención no sector dos videoxogos. Tras un breve percorrido pola historia do sector, presentou os principais xéneros que actualmente conviven no mercado para concluír identificando os principais trazos que definen ao sector como unha industria cultural de gran potencial.
Interacción, a axencia interactiva máis premiada de Galicia, traballa con marcas líderes nos seus mercados que buscan aproveitar as oportunidades dos novos medios para chegar mellor a seu público obxectivo. A carteira de clientes de Interacción inclúe ás empresas e institucións máis destacadas de Galicia, así como empresas doutras zonas de España e do estranxeiro. Ademais, Interacción conta con máis de 10 anos de experiencia no desenvolvemento de videoxogos. Desde a creación do “Templo ”, a primeira aventura gráfica celta en 3D, a compañía ten deseñado e desenvoltos máis de 10 títulos para todo tipo de plataformas: PC, consolas, internet, teléfonos móbiles, etc