O Soldadiño de Chumbo, unha obra de Virginia Curiá y Tomás Conde, acaba de ser nomeada como finalista na sección de curtametraxes de animación no 7º Festival de Cine de Ponferrada, que se vai celebrar entre o 23 de setembro e o 3 de outubro deste mesmo ano. Hai que destacar tamén que dos seis traballos finalistas nesta categoría, tres son galegos, algo que fala moi ben da saúde da animación galega.
Máis información na páxina web: www.festivalcineponferrada.com