PRIMEIRO ENCONTRO DE NEGOCIOS CINEMATOGRAFICO “VENTANA SUR” 2009

6 / 08 / 2009

O Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Argentina (INCAA) en asociación co Marché du Film de Cannes organiza o primeiro encontro de negocios cinematográfico “VENTANA SUR” 2009.  

O Consorcio Audiovisual de Galicia estuda a posibilidade de realizar algunha acción no marco deste encontro.

Este espazo terá lugar entre o 27 e o 30 de novembro na capital arxentina e pretende brindar ao distribuidores latinoamericanos a posibilidade de ofrecer as súas recentes producións a unha delegación de compradores e representantes das compañías internacionais invitadas polo Marché du Film. Esta convocatoria está aberta a produtores e distribuidores latinoamericanos e a data de peche da convocatoria é o vindeiro 30 de setembro. 

Para máis información:

http://www.ventanasur.com.ar/VSESP.html

Claudia Gutiérrez claudia.gutierrez@consejodelacultura.cl

Mauro Andrizzi mandrizzi@ventanasur.com.ar

Categoría: Noticias
Etiquetas: