O ICEX ORGANIZA UNHA XUNTANZA ENTRE EMPRESAS DE ANIMACIÓN ESPAÑOLAS E PRODUTORES INTERNACIONAIS EN CANNES

20 / 08 / 2009

O Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX), en colaboración coa Oficina Comercial de España en París, FAPAE e DIBOOS convoca ás empresas de animación españolas a participar na xuntanza de networking que celebrará o vindeiro domingo catro de outubro, dentro de MIPCOM Junior, en Cannes, Francia. Este evento reedítase despois do éxito acadado na pasada edición de MIPCOM, na que España era país Invitado.  

O obxectivo é reforzar as relacións das empresas de animación cos seus clientes internacionais nun clima máis relaxado, así como establecer esta comida como unha cita anual do sector da animación española co resto de compradores e coprodutores do mundo.

Todos/as aqueles/as interesados/as en participar deben enviar a documentación solicitada na convocatoria, así como a solicitude de participación debidamente cumprimentada e o xustificante de pagamento antes de 4 de setembro aos enderezos indicados na mesma.

Para máis información:

Javier Martínez (Xefe do sector audiovisual de ICEX): 91 349 19 86

javier.martinez@icex.es

Martina Rey: 91 512 16 60 – martinarey@fapae.com

Eva Zalve: 609 077 508 – evazalve@zonevisual.com

 

 

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: