Comeza o ciclo de artes escénicas “Escena en familia” de Arteria Noroeste, dirixido a nenos e nenas, cunha obra de Jorge Rey representada pola compañía Cachirulo.
A historia fala do planeta Marticia, en alerta pola contaminación das súas augas, e está indicada para cativos a partir dos 4 anos.
A representación terá lugar en Arteria Noroeste (Santiago de Compostela) o domingo día 6, ás 12:30 da mañá.
Prezo da entrada: 5 euros
Máis información:
Tito Lesende
981.569177 / 696.292022