“MANUEL Y ELISA” E “FLORES TRISTES”, SELECCIONADAS PARA PARTICIPAR NO FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE

13 / 10 / 2009

Manuel y Elisa de Manuel Fdez – Valdés foi seleccionada para participar na sección paralela Panorama Galiza do Festival de Cine Internacional de Ourense. Pola súa banda, a longametraxe “Flores Tristes”, de Teo Manuel Abad, quedou seleccionada para participar na sección competitiva de documentais do mesmo certamen que se celebra estes días na cidade ourensá. 

Manuel e Elisa

Despois de 53 anos casados, Manuel Rodríguez e Elisa Flores seguen vivindo no lugar onde naceron, no Rosal, unha pequena poboación rural de Galicia, na fronteira norte entre España e Portugal. Manuel y Elisa é un documental sobre as súas fazañas cotiás; unha historia de amor sen aloumiños e de convivencia sen palabras.

A película documental do director pontevedrés, foi nominada ós Mestre Mateo 2008 como Mellor Película Documental, e resultou  gañadora do premio ex aequo da Sección Oficial Documentais Galegos do Festival Play-Doc de Tui 2009.
O filme é unha produción de Tic Tac Producciones en coprodución coa Televisión de Galicia. O documental  conta co apoio da Axencia Audiovisual Galega, Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, a Consellería de Innovación e Industria, a Fundación Centro Galego de Artesanía e do Diseño, o Consorcio Audiovisual de Galicia e Gadis.

Proxeccións:

11 e 15 de Outubro, 16:00 hs,
Auditorio Teatro do Auditorio Municipal de Ourense

Dossier de prensa e descarga de imaxes en:
www.manuelyelisa.com

Flores Tristes

Flores Tristes é unha longametraxe documental coproducida por Formateo, Pórtico de Comunicaciones e  Tic Tac Producciones. O documental conta coa participación da Televisión de Galicia e o apoio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, así como do Consorcio Audiovisual de Galicia.  A última apertura de fosas comunes en Europa realizouse durante o 2006 no extremo máis occidental do continente: Galicia. Máis de mil galegos, familiares das vítimas da guerra civil, buscan desenterrar a verdade e recuperar a súa memoria. Fixeron falta 70 anos para romper o silencio. 

Dossier de prensa e descarga de imaxes en:
www.florestristes.com

Ou contactar con:

Tic Tac Producciones
info@tictacproducciones.com
Tel: +34 981 910 122
Ariadna Camiño

 

Etiquetas: