O pasado mércores arrancou o trimestre de cine OUTONO DE CINE coa proyección da curtametraxe PERLA e da longametraxe EL CREPUSCULO DE LOS DIOSES, rozando o cheo da sala 2 do Cine Dúplex, situado no barrio de Esteiro, o que supón unha continuidade exitosa desta proposta cultural en Ferrol.
Esta semana tócalle o turno á curtametraxe Campás, precediendo á proxección dunha das grandes obras mestras do cine, 8 ½ de Federico Fellini.
Nesta ocasión contaremos coa presenza de Jairo Iglesias, director e guionista de Campás, Premio Mestre Mateo 2006 da Academia Galega do Audiovisual á Mellor Curtametraxe de Ficción, que nos presentará o seu último traballo e co que podremos compartir as súas experiencias detrás da cámara.
Como cada mércoles, as proxeccións comenzarán ás 20’30 h. nos Cines Dúplex, en versión orixinal subtitulada, e de forma gratuita para todos aqueles que queiran disfrutar dunha xornada de bo ambiente cinematográfico.
Toda a programación do OUTONO DE CINE 2009 – Ferrol:
http://www.ferrol.es/documentos/outono_de_cine.pdf
Promove:
Concello de Ferrol
Universidade da Coruña
Colabora:
Cine Dúplex
Organiza:
Asociación Cultural Axente Cultural
http://www.facebook.com/pages/axentecultural/95337086386