O CIFP A FARIXA CONVOCA A SEGUNDA EDICIÓN DO CONCURSO DE GUIÓNS PARA CURTAMETRAXES

13 / 11 / 2009

O CIFP A Farixa, centro público dependente da Consellaría de Educación de Ordenación Universitaria, ven de convocar a II Edición do Concurso de Guións para Curtametraxes. A partir dos guións escollidos, e previa cesión de dereitos parte do autor ou autora, as curtametraxes serán producidas e realizadas polo alumnado do Ciclo de Produción Audiovisuais, Radio e Espectáculos, en colaboración con profesionais das áreas de realización, imaxe e son, ao longo do primeiro semestre de 2010.

 

Como novidade, nesta segunda edición,os autores dos guións seleccionados para a súa produción poderán asumir persoalmente a dirección das súas historias. O guionista ou guionistas, figurarán en calidade de tal nos créditos das curtametraxes realizadas. Os traballos poden enviarse ao propio centro antes do 26 de novembro ou ao correo electrónico canlecatro@gmail.com. O alumnado fará unha escolla baseándose en criterios de interese e viabilidade para a súa materialización en proxecto audiovisual.

Na convocatoria anterior, o alumnado do centro produciu dúas curtametraxes que serán presentadas no mes de decembro e que foron rodadas na cidade de Ourense: «Instalación”, con Guión de Jacobo Paz e dirección de José Díaz e “Zéfiro”con Guión de Ángelo Pineda e dirección de Pachi Baranda.

Categoría: Noticias
Etiquetas: