O Centro Galego de Artes da Imaxe pecha mañá sábado día 5 de decembro (20.30 horas) a colaboración co concello da Coruña para o ciclo Social Cine´09 coa proxección da película do director español Javier Maqua APUNTARSE A UN BOMBARDEO (2003), un regreso aos días da Guerra de Iraq do 2003 a través da experiencia de cinco brigadistas. A entrada é gratuíta.
APUNTARSE A UN BOMBARDEO
(España, 2003)
Dirección e guión: Javier Maqua. Produción: Guillermo Toledo e Geno Cuesta para Blaster TV e Vértigo Laberíntico. Fotografía: Víctor Tejedor. Duración: 93 minutos.
A historia de cinco brigadistas solidarios co pobo iraquí que se atopan en Bagdad clamando para que a guerra non se produza. Pero acontece. E, ante o asombro do mundo enteiro, deciden quedarse baixo as bombas, vivir a experiencia da guerra no epicentro do conflito, visitar hospitais e barrios arrasados, grabar a súa aventura solidaria cunha pequena cámara e tomar nota da dor para contala. Pouco tempo despois, na casa de Teresa no concejo asturiano de Quirós, reunense de novo. Rosa, Ana, Pepe, Mino e Teresa, os cinco brigadistas. Comen e beben, rín e choran, reviven emocionados os días baixo as bombas. Un dos grandes teóricos da imaxe no noso país, Javier Maqua, personalidade brillante e polivalente, promotor da mítica revista Contracampo, (19679-1986), realizador da serie de docudramas “Vivir cada día”, cineasta (Tú estás loco, Briones ou Carne de Gallina) amosa o seu radical compromiso nun documental sufragado polo actor Guillermo Toledo.