A Academia Galega do Audiovisual lembra que este luns día 18 ás 13.00 horas remata o prazo para presentar alegacións dos socios da entidade á listaxe de candidaturas aceptadas pola Comisión de Seguimento dos Premios Mestre Mateo 09.
As candidaturas aprobadas están dispoñibles na web da Academia dende o pasado día 8 de xaneiro, conforme aos prazos establecidos. Esta información pódese consultar no apartado de Actividades/Premios Mestre Mateo. O vindeiro mércores día 20 publicarase a listaxe coas candidaturas definitivas para cada unha das 26 categorías que contemplan os galardóns.
Composición da Comisión de seguimento dos PMM 09:
Área de dirección, Jairo Iglesias
Área de produción, Diana Gonçalves
Área de Arte, Ángel Nimo
Área de interpretación, Tamara Canosa
Área de música e son, Arturo Kress
Área de escritores audiovisuais, Puri Seixido