‘CURTOCIRCUITO’ CELEBRARASE EN SANTIAGO DO 23 AO 30 DE MAIO

22 / 02 / 2010

O Festival Internacional de curtametraxes de Santiago de Compostela cambia as súas datas de celebración para ter lugar na capital galega do 23 ao 30 do mes de maio. O mellor do audiovisual darase cita na capital mundial da cultura no 2010, pero non só haberá proxeccións, senón que realizaranse actividades relacionadas coa realización e creación audiovisual.

O prazo de envío de pezas audiovisuaispermanecerá aberto ata o 5 de marzo a través de www.shortfilmdepot.com

Todos os que queiran consultar información concreta e específica sobre este evento da curtametraxe pode manterse informado puntualmente a través da web www.curtocircuito.org.

 

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: