O ATENEO FERROLÁN PRESENTA A LONGAMETRAXE ‘RELATOS’ DE MARIO IGLESIAS O SÁBADO 24 DE ABRIL

23 / 04 / 2010

O Salón de Actos do Ateneo Ferrolán acollerá a presentación  da longametraxe de Mario Iglesias ‘Relatos’ o sábado 24 de abril a partir das 13 horas. 

O realizador pontevedrés presentará a súa película, producida por Matriuska Producciones,  de  temática universal e feminina que xa participou no Tokyo International Film Festival.

«Relatos» narra a historia de Rosario, unha escritora e ama de casa que  ten que visitar ao psicoanalista polos seus ataques de pánico nocturnos.  Entre as visitas descubrimos as súa vida como escritora e as súas obras, que falan do mundo que lle rodea, pero tamén de historias do pasado.

Mario Iglesias, natural de Pontevedra, é un cineasta independente de traxectoria profesional recoñecida. A súas creacións abarcan o mundo do cine, a curtametraxe e a publicidade. Os proxectos máis recentes deste creador son: De Bares (2005), Catalina (2006), Cartas italianas (2007) y El desayuno del poeta (2008).

Categoría: Noticias
Etiquetas: