Rematado a VII edición do Festival de Cans este é o palmarés deste ano 2010.
Premio de Honra Pedigree´10, dotado coa estatuíña Can de Pedra: Ernesto Chao.
Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción, dotado co Can de Pedra e 1.500 euros: Rodilla, dirixida por Juanjo Giménez e producida por IB Cinema.
Premio do xurado dos veciños de Cans a mellor curtametraxe de ficción, dotado co Can de Pedra: Padre Modelo, de Alejandro Marzoa e producido por Jet Films.
Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, dotado co Can de Pedra e 1.500 euros: A nena que tiña unha soa orella, dirixida por Álvaro León e producida por Rubén Coca Producións.
Mención especial do xurado para Mi vida en tus manos, dirixida por Nuno Beato e producida por IB Cinema.
Premio do xurado á mellor actriz, dotado co Can de Pedra: ex aequo para Fernando Cayo e Javier Gutiérrez, por El vendedor del año.
Premio do xurado ao mellor actor, dotado co Can de Pedra: Nuncy Valcárcel, por Corser e cantar. O xurado fai constar a grave carencia de papeis relevantes para as mulleres nas curtametraxes recibidas, o que evidencia unha fonda desigualdade na representación cinematográfica.
Premio do xurado ao mellor videoclip, dotado co Can de Pedra e 300 euros ex aequo: Javi Camino por Nuestra fe en el veneno, de Franc3s, e Gaspar Broullón e Matías Tarrío por Grelo 66, de Kastomá.
Premio do público ao mellor videoclip, dotado co Can de Pedra e 300 euros: Adrian Pérez, por In Silence, de Catpeople.
Xurado de curtametraxes:
Carlos Blanco é un actor, presentador e contador arousán que xa é un habitual das televisións estatais. Foi Ladislao Couto en Mareas Vivas e presentou media ducia de programas da TVG
Sara Casasnovas é unha actriz viguesa que exerce de raíña da televisión estatal. Foi a doce Alicia Peña de Amar en tiempos revueltos e agora é a nova residente de Hospital Central
Suso de Toro é escritor e xornalista. Un librepensador galego que ven de dar a campanada, anunciando a súa retirada da literatura activa
Patricia Ferreira é madrileña de nacemento, pero galega de exercicio. Emprega o seu cine como un escalpelo na disección da sociedade galega
Xosé A. Touriñán é un actor e humorista que dá vida a dous coñecidos personaxes da TVG actual: a celebre Mucha, de Tucha e Mucha, e máis o fillo de Puri, en Padre Casares
Araceli Gonda é guionista e un dos rostros máis coñecidos da Televisión de Galicia. Presenta o Telexornal de mediodía
María Tasende é actriz. Participou en media ducia de series, dentro e fóra de Galicia. Ela é Sara Campos, a avogada de Matalobos
Xurado de veciños:
Divina Campos (Divina do Castillo) ten 77 anos. Vendedora ambulante retirada, pandereteira e afeccionada á pintura, é unha das mulleres máis activas da parroquia. Exercerá de voceira.
Manuel Lorenzo (Manuel da Taberna) ten 76 anos. Carpinteiro. Foi emigrante en Alemaña e está xubilado da empresa de cociñas Xoane.
Carmen Rodríguez (Carme da Carreira) ten 75 anos. Vendedora ambulante retirada, é asidua das proxeccións do Jalpón Friki.
Telmo Pereiro ten 64 anos. Traballou en Zeltia e agora está retirado. É membro activo do grupo de pandereteiras e pandereteiros de Cans.
Pedro Rodríguez Quintas (Pedro de Placer) ten 36 anos. É especialista en facer muros de pedra e canastros de xeito artesanal, coma os vellos canteiros.
Xurado de videoclips:
Florent Muñoz é o guitarrista de Los Planetas, considerado por moitos o grupo máis representativo da música alternativa dos noventa en España. Tamén é dj e, de feito, a noite dos videoclips ofrecerá unha sesión no pub Tubulart.
Yolanda Castaño é unha poeta galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión. Gañou o premio a «Mellor Comunicador de TV» da Academia Galega do Audiovisual en 2005.
Suso Cortegoso é actor e músico. Famoso polos seus papeis en series e programas da TVG, actualmente percorre as salas do país co monólogo musical Apocalipsis.