AS OBRAS PREMIADAS NOS PMM 09 PROXÉCTANSE NOS CINES MALDÀ DE BARCELONA

31 / 05 / 2010

A Academia Galega do Audiovisual, en colaboración coa Acadèmia del Cinema Català, leva aos cines Maldà de Barcelona a proxección de catro obras gañadoras dos Premios Mestre Mateo 2009, despois do acordo de promoción e difusión acadado entre ambas entidades polo que se facilita o acceso ao gran público ás producións rexionais.

Os cines da Plaça del Pi da cidade condal acollerán esta tarde, a partir das 20 horas, a longametraxe Celda 211 e, a partir das 22 horas, a longametraxe documental ¿Qué culpa tiene el tomate? A segunda sesión de cine galego comenzará o martes 1 de xuño a partir das 20 horas coa película para televisión Conexión. O documental Mulleres da Raia pechará as sesións  de proxeccións do audiovisual galego a partir das 22 horas.

Este ciclo supón a continuación do celebrado a pasada semana no Centro Galego de Artes da Imaxe de A Coruña, polo que tamén se visionaron as catro obras gañadoras dos PMM’09, e pecha o intercambio de obras coa entidade catalana, que achegou ao público galego as producións gañadoras dos II Premios Gaudí que se celebraron o pasado mes de febreiro.

 

LUNS 31 DE MAIO DE 2010

 

20h – CELDA 211

 

Gañadora do premio á Mellor Longametraxe

 

Dirección: Daniel Monzón; Guión: Daniel Monzón e Jorge Guerricaechevarría; Produción: Emma Lustres, Borja Pena, Juan Gordon e Álvaro Agustin; Produción executiva: Elena Manrique, Emma Lustres, Borja Pena, Pilar Benito, Javier Ugarte; Coprodución: Franck Ribière e Vérane Frédiani; Música: Roque Baños; Fotografía: Carles Gusi; Director de Arte: Antón Laguna; Directora de produción: Alicia Tellería; Axudante de dirección: Sergio Francisco; Xefe de produción: Alberto Tomé;  Maquillaxe: Raquel Fidalgo; Perruquería: Inés Rodríguez; Montaxe: Mapa Pastor; Casting: Eva Leira e Yolanda Serrano.

 

Ficha artística:

Luis Tosar – Malamadre

Alberto Ammann – Juan Oliver

Antonio Resines – Utrilla

Marta Etura – Elena

Carlos Bardem – Apache

Manuel Morón – Almansa

Luis Zahera – Releches

Vicente Romero – Tachuela

Fernando Soto – Armando Nieto

 

Sinopse: Juan, novato funcionario de prisións, preséntase no seu novo destino un día antes da súa incorporación oficial. Alí, sofre un accidente minutos antes de que se desencadee un motín no sector dos FIES, os presos máis temidos e perigosos. Os seus compañeiros non poden máis que velar polas súas propias vidas e abandonan á súa sorte o corpo desmaiado de Juan na Celda 211. Cando esperta, Juan comprende a situación e faise pasar por un preso máis ante os amotinados. A partires dese momento, o noso protagonista terá que sobrevivir a base de astucia, mentiras e risco, sen saber aínda que paradóxica trampa lle ten preparado o destino.

 

22h – ¿QUÉ CULPA TIENE EL TOMATE?

 

Gañadora do premio á Mellor Longametraxe Documental

Dirección: Alejo Hoijman (Argentina), Marcos Loayza (Bolivia), Josué Méndez (Perú), Carolina Navas (Colombia), Paola Vieira (Brasil), Alejandra Szeplaki (Venezuela) y Jorge Coira (España); Edición xenal: Alejo Hoijman; Produtores executivos: Fernando del Nido, Hugo Castro Fau; Coprodución: Marcos Loayza, Enid Campos, Carolina Barrera, Rodrigo Letier, Daniel Jerozolimski.

 

Sinopse: Sete países. Sete mercados populares. Sete culturas diferentes.Sete directores.  Sete miradas distintas. ¿Qué culpa tiene el tomate? é unha longametraxe documental observacional na que participan 7 directores iberoamericanos, que a través dos seus mercados populares envólvennos nas  dúas diferentes culturas e formas de vida.

 

 

MARTES 1 DE XUÑO DE 2010

 

20h – CONEXIÓN

 

Gañadora do premio á Mellor Película para Televisión

 

Dirección: Leonel Vieira; Guión: Joao Nunes, Leonel Vieira; Produtor executivo:Leonel Vieira, Pancho Casal, Agustí Mezquida; Música orixinal: Xavier Capellas, Manu Riveiro; Dirección de fotografía: Jose Antonio Loureiro; Montaxe: Santy Cajun, Carmen Ruiz; Dirección de produción: Cándida Vieira; Dirección de son: Juan Gay; Dirección artística: Fernando Morais; Axudante de dirección: Raúl Correia; Vestiario: Irantzu Ruiz; Perruquería e maquillaxe: Chicha Blanco, Pablo Seoane.

 

Ficha artística:

Ivo Canelas

Cristovao Campos

Muriel Sánchez

Francesc Garrido

Xavier Deive

 

Sinopse:Cando a traíña do patrón Narciso é interceptada en alta mar polas forzas especiais portuguesas cunha carga de haxix marroquí, comezan unha serie de acontecementos que desencadean nunha loita de poderes polo control da droga na zona; galegos, portugueses, españois e colombianos cun único obxectivo: facer o mellor negocio. O matriarcado da familia Alberro, a policía corrupta, a mafia colombiana e un home só, Miguel Ángel, que apunta demasiado alto. Esta loita salpicará, e moito, aos veciños do pobo de pescadores onde se desenvolve a historia, escenario silencioso pero partícipe de todo o que sucede nunha das zonas clave para a entrada da droga en Europa.

 

22h – MULLERES DA RAIA

 

Gañadora do premio ao Mellor Documental

 

Dirección, Guión e Produción: Diana Gonçalves; Música Orixinal: Miguel Barbosa;

Montaxe: Miguel Barbosa y Diana Gonçalves; Fotografía: Diana Gonçalves;

Grafismo: Luis Faraón.

 

Sinopse: Unha viaxe ás fronteiras do Norte de Portugal e Galiza transpórtanos ao noso pasado máis recente, o contrabando local e a emigración clandestina eran prácticas habituais

nestas terras aproveitando a proximidade do país veciño. A raia, como popularmente se  coñece a fronteira, garda unha historia de loita diaria pola supervivencia, e as súas mulleres, son protagonistas.

Etiquetas: