O mes de xullo remata a programación do CGAI o venres 16 e non volverá ata o 14 de setembro. Durante o mes de xullo o Centro Galego de Artes da Imaxe proxectará dous ciclos e unha master class.
Ciclo Cines del Sur. Este ciclo, iniciado anteriormente, rematará no mes de xullo e contará con filmes de Eddie Romero, Nick Deocampo, Jeffrey Jetturian, Kidlat Tahimik, Laurice Guillén e Lav Díaz.
Continuará neste mes o ciclo do cineasta Gus Van Sant, coas películas “Drugtore Cowboy”, “Todo por un sueño”, “Elephant” e “Mi nombre es Harvey Milk”.
Finalmente, fóra de serie, proxectarase “Historias extraordinarias” de Mariano Llinás (os días 8 e 10), será presentada polo crítico arxentino Javier Porta Fouz que é programador do BAFICI. Tamén fóra de serie terá lugar a Master Class de Javier Rebollo sobre o proceso de traballo na súa película “La mujer sin piano” o último día de cine no CGAI ata setembro, o 16 de xullo.