Este venres comeza, coa proxección de Violetas de Rafa Montesinos, unha nova edición do programa de cine ao aire libre ‘Baixo as Estrelas de Ourense’, organizado polo Festival de Cine Internacional de Ourense e pola Concellaría de Cultura do Concello de Ourense. Na programación do ciclo están incluidas as películas galardonadas na 14 edición do Festival, así como os traballos máis destacados que pasaron en 2009 polo Festival.
As proxeccións terán lugar na céntrica praza de San Martiño da cidade, aos pés da Catedral, e comezarán ás 23.00 horas. No caso de que o tempo non acompañe, o Baixo as Estrelas trasladarase até o Auditorio municipal (Rúa da Canle). A asistenza, en todos os casos, é libre e gratuita.
Cine Baixo as Estrelas de Ourense
Todos os venres de xullo e de agosto na praza de San Martiño ás 23.00h
venres 9 de xullo
Violetas | Dir: Rafa Montesinos
venres 16 de xullo
Todos os Demais | Dir: Maren Ade
venres 23 de xullo
Alicia no País | Dir: Esteban Larraín
venres 30 de xullo
O Agasallo da Pachamama | Dir: Toshifumi Matsuhita
venres 6 de agosto
Po noso que estás nos ceos | Dir: Beatriz Flores
venres 13 de agosto > Sesión Curtametraxes
Milo’s Wheels, Casual, Campás, Still, Un vaso de Soda
venres 20 de agosto > Sesión Animación
The Re Bordosa Dossier, Varmints, O pintor de Ceos, A Flor máis grande do Mundo
venres 27 de agosto > Sesión Realizadores Ourensáns
Coser e Cantar, Sala de Espera, Mulleres da Raia, Aí vén o Boi