OFESTIVALON PROXECTARÁ HOXE O FILME OS CREBINSKY E MAÑÁ CELEBRARÁ A SÚA GRAN GALA

30 / 07 / 2010

Trala inauguración de OFestivalON, hoxe terá lugar a proxección do filme Os Crebinsky ás 21.30 horas no Cine Teatro. Ademais, mañá, o día grande deste festival se celebrará a gala de entrega de premios ás mellores curtas. As categorías nas que compiten son animación, ficción e documental, así a Mellor Curta de Fición levará o Misto de Pau de Sabugueiro, a Mellor Curta Documentario, o Misto de Pau de Carballo, a Mellor Curta Animación terá o Misto de Pau de Castiñeiro e a Mellor Curta do Público terá o Misto de Pau de Loureiro. Todos estes premios terán como compensación 1.200 euros.  Ademais, o día comezará cunha serie de proxeccións dende as 11 da mañá, que continuarán coa presentación do libro “Cine y televisión digital”, de Jorge Carrasco, ás 13 horas no Cantón dos Moreno, onde o autor charlará cos asistentes sobre este manual técnico.    Máis tarde, ás 14 horas terá lugar unha Caldeirada en Remourelle e ás 15 horas retomarase a Sección Oficial no Cine Teatro, que dará paso á estrea das curtas resultantes de A Toda Mecha ás 17 horas. Ás 21 horas, os Crebinsky percorrerán as rúas de Ribadeo, cantando e bailando ó son da música do filme. Por outra banda, as proxeccións se están a realizar de forma ininterrumpida durante todo o día, contando con afluencia do público que se acerca, tanto ó Cine Teatro como ó Cantón dos Moreno, para visionar as curtas de carácter nacional e internacional que participan nesta sexta edición do festival.  Premios A Toda Mecha Son once os grupos que nestes momentos continúan as súas rodaxes nas localizacións elixidas en Ribadeo e arredores. Moito cansancio, sono, pero sobre todo, moitas ganas de conseguir unha peza gañadora. Así, nesta categoría do festival, outorgaranse distintos premios, pero só será un deles o que gañe o Misto de Pau á Mellor Curta, obtendo 3000 euros en metálico. Desta forma, os equipos tamén competirán por conseguir os seguintes premios:

  • Misto de Pau á mejor Corto grabado en Gallego.
  • Misto de Pau al mejor Documental.
  • Misto de Pau  al mejor Guión.
  • Misto de Pau a al mejor Dirección de Arte.
  • Misto de Pau al mejor Actor.
  • Misto de Pau al mejor Actriz
Categoría: Noticias
Etiquetas: