ESTE VENRES HABERÁ NOITE DE CURTAMETRAXES NO OUFF

12 / 08 / 2010

Unha escolla de cinco curtametraxes galardoadas en diferentes festivais cinematográficos é o que nos ofrece o Festival de Cine de Ourense (Ouff), que celebra o seu XV aniversario, coincidindo coa celebración do ano Xacobeo.

A Noite de curtametraxes atópase dentro das sesións de Cine Baixo as Estrelas do Festival, que achega ata a cidade case 2000 pezas de cine independente galego e do mundo enteiro.

Milo’s Wheels (Mellor curta e Premio do Público), de Anders Østerballe, Still (Mellor Dirección), de Rick Ostermann, Casual, de Aitor Echevarría, Campás, de Jairo Iglesias, e Un vaso de Soda, de Adriana Yurcovich, son as elexidas para esta cita, que terá lugar na praza de San Martiño, en Ourense, este venres a partir das 23:00 horas.

Categoría: Noticias
Etiquetas: