ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE «VENDAS E COPRODUCIÓNS INTERNACIONAIS”

3 / 09 / 2010

O Clúster Audiovisual Galego (CLAG) ven de abrir o prazo de inscrición para o primeiro dos cursos de formación do sector audiovisual que se levarán a cabo durante o último cuadrimestre do ano 2010. Trátase do curso «Vendas e Coproducións Internacionais», que se celebrará entre o 27 de setembro e o 1 de outubro no edificio Feuga (Campus universitario Sur – Santiago de Compostela).

O curso será impartido por profesionais recoñecidos no sector. Paco Rodríguez, director de Media Training&Consulting, empresa dedicada á formación e á consultoría do sector audiovisual e cinematográfico, falará das vías de acceso ao cliente, as estratexias para as feiras, mercados e festivais internacionais; do pre financiamento e as vendas internacionais e das coproducións. Por outro lado, María Parrón, directora de Asuntos Legais e de Negocio do estudo Filmax, onde se ocupa da parte legal das longametraxes, falará das Case Study Coprodución Internacional, Prevenda e Venda.

As prazas cubriranse por orde de recepción de solicitudes, polo que se recomenda realizar a matrícula o antes posible. As cuotas de inscrición para os non socios do CLAG é de 90 euros, e para os socios de 60 euros. O prazo de recepción dos formularios de inscrición e do xustificante de ingreso estará aberto ata o 22 de setembro.  

Aquí atopará e enlace para descargar o formulario de inscrición.

 


 

Categoría: Noticias
Etiquetas: