A escola de Imaxe e Son da Coruña (a EIS) inicia as súas actividades formativas para o vindeiro curso escolar o este venres 17 de setembro. Faino coa presentación dun libro e unha masterclass sobre a radio.
Como acto de acollida aos novos alumnos e as persoas interesadas, haberá ás 12:30h unha clase maxistral impartida pola profesora Isabel Romero sobre o mundo da radiodifusión. A conferencia leva por título: “A radio que non se vé”. A entrada é de balde.
A EIS presenta tamén nese día unha nova publicación, o nº 6 dos cadernos monográficos audiovisuais. O título deste libro é: “Mirar sen ver, o subliminal” de Angel Cordero.
A Escola de Imaxe e Son da Coruña contou para este novo curso que empeza cunha elevadísima demanda de solicitudes de matriculación, pasando estas amplamente das 1200 instancias que solicitaban cursar algunha das catro especialidades que se imparten neste centro.