Arteria Noroeste ven de publicar a súa oferta formativa para o mes de outubro. Ésta engloba unha gran variedade de cursos e masterclass relacionadas co eido das artes, tanto audiovisuais como escénicas.
CURSO DE PRO TOOLS 8:
08, 09, 15 e 16 de outubro. De 16 a 21 h
20 horas
Profesor: Anxo Bautista
tanas e comandos, ferramentas principais e axustes de sesión. A partir de ahí, se centrará nas funcións de grabación, edición e mestura de audio principais que esta ferramenta ofrece.
Rutas de Polichinela. Títeres, sombras e obxectos:
Do 04 ó 08 de outubro. De 16 a 19h
Profesor: Toni Rumbau
15 horas
“Rutas de Polichinela” é unha introducción ó mundo fascinante do teatro de títeres popular de guante, co fin de coñecer as súas técnicas máis ancestrais así como os seus segredos dramatúrxicos, para logo podelos aplicar nunha visión máis amplia do teatro de títeres, onde tamén participa o obxeto. Ensinase a práctica e construcción dunha “lengüeta”.
Pero o curso abrese tamén á linguaxe das sombras, coa finalidade de buscar o reflexo oculto dos títeres no interior do retablo, iluminado de pronto por dentro. Se xoga así coa dualidade do oculto e do visible, do vivo e do morto, da luz e da sombra.
Internet útil para as artes escénicas:
Do 06 al 08 de outubro. De 10 a 12h
Profesor: Jose Bolorino
06 horas
Un curso introductorio e revelador que expón con claridade as deficiencias do mundo das Artes Escénicas ante o reto que presenta Internet como un novo modelo de comunicación, pero tamén a solución para resolvelas dende un enfoque práctico.
Orientado a compañías teatrais e xestores culturais, este curso desvela en tres sesións os principais puntos para eliminar do desconcierto e os misterios que presenta Internet á xente do teatro, cun enfoque práctico que lles permitirá rentabilizala súa presencia en Internet en tódolos sentidos, evitando os erros máis comúns.
Os participantes obterán os coñecementos necesarios para afrontar cunha estratexia clara a súa presencia en Internet.
Cine por dentro – Master class
19 de octubre De 18 a 21h
Profesor: Manuel Gómez Pereira
18:00h – Proxección “El juego del ahorcado” escrita e dirixida por Manuel Gómez Pereira. Drama – thriller con dúas nominacións ós Goya: actor revelación (Álvaro Cervantes) e banda sonora.
19:45h apróx – Charla/Coloquio con MANUEL GÓMEZ PEREIRA.
En 1973 comenzóu a carreira de Imaxe na facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Ese mesmo no comezou a traballar no cine como meritorio na película do seu tío Luis Sanz, Casa Flora (1973). Máis tarde traballou como script e como axudante de dirección con Jaime de Armiñán, Fermín Cabal, José Luis García Sánchez, Andrés Linares, Fernando Colomo, Miguel Hermoso, etc…
En 1991 debutou como director de largometraxes con Salsa rosa.
Dende 1996 ata 1998 realizou a serie Todos los hombres sois iguales. a serie foi galardoada co Premio Calabuch á Mellor Película en Festival de Peñíscola, o Goya á Mellor Guión Orixinal e o Premio ó Mellor Guión Orixinal polo Círculo de Escritores Cinematográficos.
Estreou a película Cosas que hacen que la vida valga la pena en 2004, unha comedia agridulce sobre unha traballadora do INEM e un profesor de autoescola en paro. O filme conseguiu o Premio Especial do Xurado no Festival de Cine de Málaga.
En 2006, Gómez Pereira foi nomeado vicepresidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas.
CURSO DE PRODUCCIÓN MUSICAL – MEZCLA:
Do 22, 23, 29 e 30 de outubro De 16 a 21 h
20 horas
Profesor: Anxo Bautista
O obxectivo deste obradoiro é proporcionalos coñecementos suficientes para que o propio músico poda afrontar con solvencia a tarea dun tema musical, calqueira que sexa o sue estilo ou estructura. Daránse as claves dos distintos procesos inherentes á mestura (volume, ecualización e dinámica, uso de reverberación e delays, grupos, etc.), que o alumno aplicará sobre un tema propio que traerá en pistas separadas para o seu tratamento durante as clases.
CURSO DE VÍDEO DIGITAL: xestión e edición:
Do 25 ó 28 de outubro. De 17 a 21 h
16 horas
Profesor: Rubén García
Este curso foi deseñado para aportar unha serie de coñecementos básicos sobre o vídeo dixital e sistemas de edición, pilares básicos que debido a súa especialización son difíciles de adquirir e aclararnos cómo enfrentarnos ós fluxos de edición, repasando tanto os fundamentos do vídeo, formatos, e codecs, como conexionados de sistemas, hardware, conceptos de edición, etc…
Todo isto realizado da maneira máis interactiva posible co alumno.
Curso de Producción de eventos:
Do 25 ó 29 de outubro De 17 a 21 h
20 horas
Profesor: Pilar Beato
Con este curso tratamos de impartir unhas pautas de practicidade e eficacia na producción de eventos. Para elo deseñaremos previamente entre todos qué clase de evento queremos levar a cabo e desenvolveremos nesta semana a producción hipotética do evento. O situaremos nun espacio real e se é posible faremos algunhas visitas a este espacio para o deseño, ubicación e desenvolvemento de elementos e infraestructuras.
Master Class de Jazz:
26 de outubro De 16 a 18h
Profesor: Thanos Athanasopoulos
Master Class destinada a instrumentistas, (guitarra, baixo, batería, piano, trompeta, saxo, etc…), e oíntes de tódolos niveis, con ou sen coñecemento sobre o Jazz.
Na Master Class tratarase sobre o repertorio «Standards», as técnicas de improvisación, a lectura e estilos dentro do Jazz; e o acompañamento rítmico.