O Festival de Cine Internacional de Ourense ofrecerá durante a semana do festival catro masterclass impartidas por expertos internacionais da Unión Europea. Trátase de conferencias ou coloquios dirixidos a profesionais e estudantes do audiovisual que se impartirán no Centro Cultural da Deputación de Ourense. A inscripción é gratuita e precisa de rexistro por e-mail ou teléfono. As prazas son limitadas.
As masterclass que se impartirán son as seguintes:
MASTERCLASS 1: Luns 4, 16:30 – 17:30
A REDE EUROPEA DOS FONDOS DE AXUDA AO AUDIOVISUAL
DAS REXIÓNS / Os fondos de axuda
Por Charlotte Appelgren, Secretaria Xeral de Cine-Regio, a rede dos fondos de axudas ao audiovisual das rexións de Europa.É titular dun Máster en Ciencias Económicas da Universidade de Odense en Dinamarca.
Os obxetivos de Cine-Regio son tres interrelacionados: trasmitir coñecemento a nivel europeo, facer política de produción de cine e coordinar os organimos rexionais europeos de axuda ao audiovisual (Film Funds),en particular o co-desenvolvemento e a co-producción de cine e productos audiovisuais. Tamén produce o estudo anual sobre as Film Funds rexionais.
O estudo realizado no 2010 foi » A Revolución Dixital : a audiencia activa«
centrado nas novas oportunidades do novo panorama dixital.
MASTERCLASS 2: Luns 4, 18:00 – 19:00
O PRODUCTOR AUDIOVISUAL EUROPEO
Todo o que precisas saber para producir en Europa.
EAVE (EUROPEAN AUDIOVISUAL ENTREPRENEURS)
Alan Fountain presenta as actividades de EAVE, o programa de formación superior
para produtores do Programa MEDIA da U.E. Xefe de estudos e director executivo de EAVE, é tamén profesor emérito de Estudos Televisivos na Universidade de Middlesex. Foi comissioning editor fundador de Channel Four Television ( Reino Unido) e director de Northern Media School, na Sheffield Halla University. En asociación co EAVE, programa MEDIA da UE.
MASTERCLASS 3: Martes 5, 16:30 – 18:30
SHYAMA, a película E A REVOLUCIÓN DIXITAL
As novas técnicas e regulacións europeas para producir DIXITAL
Obhi Chatterjee, director de cine británico, de orixe bengalí, é experto en lexislación comunitaria audiovisual e dedicase ao estudo das novas tecnoloxías dixitais para desenvolver as súas posibilidades creativas, participando nos máis significativos foros europeos do audiovisual dixital.
Shyama, a película dirixida por Chatterjee que se presenta no Festival como
homenaxe a Rabindranath Tagore, é un excelente caso-estudo de como traballar
coas novas tecnoloxías dixitais.
Imprescindible ver a película SHYAMA para asistr a esta MASTERCLASS
SHYAMA, Homenaxe a Rabindranath Tagore, exhíbese no Teatro Principal de
Ourense
Luns 4 outubro, 20:00 – 22:00 Homenaxe a Rabindranath Tagore
Presentado polo profesor José Paz e o director Obhi Chatterjee
Actuación da bailarina india Kaberi Chatterjee
Lugar: Teatro Principal / Entrada libre
MASTERCLASS 4: Mércores 6, 16:30 – 18:30
FESTIVAIS DE CINE: Para que serven e como se financian
O papel dos Festivais como ferramenta de promoción / co-producción e
desenvolvemento de proxectos.
Coa presenza de directores e expertos de festivais de cine de Galiza, España,
Portugal.
Presentada por Enrique Nicanor, Director do OUff.
Para rexistrarse en calquera das masterclass é preciso facelo o ben por mail á documentación@ouff.org ou por teléfono no 988 22 41 27 indicando o nome completo a empresa ou institución o e-mail e o teléfono. As inscripcións péchanse o 28 de setembro.
Máis información na web www.ouff.org