A programación do CGAI para o mes de outubro inclúe os ciclos Pedro Costa. Procesos, Encrucilladas: Isaki Lacuesta – Naomi Kawase; Hitchcock revisitado; e Cine y Ciencia: Film Study Center of Harvard.
Os ciclos e títulos máis destacados son os seguintes:
– PEDRO COSTA. PROCESOS. Traballos de Pedro Costa, ou sobre él, que amosan procesos de creación artísticos. Neste ciclo proxectaranse os títulos: ONDE JAZ O TEU SORRISO? (2001) e NE CHANGE RIEN (2009), de Pedro Costa; e o documental sobre o seu traballo en JUVENTUDE EM MARCHA, TOUT REFLEURIT (2006), de Aurélien Gerbault.
– ENCRUCILLADAS: ISAKI LACUESTA-NAOMI KAWASE. Pase de NANAYO de Naomi Kawase, LOS CONDENADOS de Isaki Lacuesta (con presentación por el mesmo o 13 de outubro) e a correspondencia conxunta entre ambos IN BETWEEN DAYS (2009), en colaboración co CCCB.
– HITCHCOCK REVISITADO. Diálogos entre películas de hoxe e clásicos de Hitchcock. LOS PÁJAROS e TOPAZ conversan con UN SOURIRE MALICIEUX ÉCLAIRE SON VISAGE, de Christelle Lheureux e DOUBLE TAKE, de Johan Grimonprez.
– CINE E CIENCIA: FILM STUDY CENTER OF HARVARD. Unha mostra de cine etnográfico realizada no ámbito da Universidade de Harvard e seleccionada polos profesores Ilisa Barbash e Lucien Castaing-Taylor, directores de SWEETGRASS, que tamén se proxectará. Pases de THE NUER (1971), FOREST OF BLISS (1986) de Robert Gardner ou DEMOLITION (2008) de J.P. Sniadecki. Haberá unha sesión dedicada ao mozo director galego Lois Patiño.
O CGAI contará tamén coas habituais seccións Off Galicia (pezas de Euloxio Ruibal, Carlos Alberto Alonso, Xabier Macías, Xosé Zapata ou Comba Campoy, curtas de Oco Filmes), Fóra de serie (ESTIGMAS de Adán Aliaga) e CGAI Júnior (ROBÍN DE LOS BOSQUES de Michael Curtiz)