CUARTA EDICIÓN DE MOVIL FILM FEST

14 / 10 / 2010

Este ano celébrase a 4ª edición de Movil Film Fest, o festival español de curtas curdadas con e para móviles, que se celebrará do 11 de outubro ao 24 de novembro  co lema “O Cine Mobilízase”. Premiarase ás mellores pezas rodadas con móbil.

O Movil Films Fest comeza unha edición máis coa vontade de ser escaparate tanto de tendencias de expresión que ofrecen as novas tecnoloxías, como de ideas na creación audiovisual. 

As categorías premiadas son mellor curta, idea orixinal, actriz, actor e mellor película. Este ano incluese a categoría “Premio ao mellor Diario de Ficción”, que consiste en inventarse unha vida e grabala co móbil. Ademais, dentro das actividades do Movil Film Fest terá lugar unha edición de Mobile Cells Labs (unha batalla de 48 horas entre programadores de palicacións para móbiles) e Código Fuente Audiovisual (unha performance na que Punsetes comenten pezas audiovisuais referenciais para eles). 

O xurado está composto por David Matamoros, Ángel Sala, Jose Luis Reborinos, Jean de Renesse, Paulo Hartmann e Eric Lo, recoñecidos profesionais vinculados tanto ao mundo do cine coma ao da creación audiovisual basada nas tecnoloxías de comunicación móbil.   O prazo de recepción de curtas comenza o 11 de outubro e remata o 5 de novembro. Tódalas curtametraxes gañadoras exhibiranse na gala de premios o 24 de novembro.

As bases do festival e a ficha de inscrición xa están dispoñibles na web do festival http://www.movilfilmfest.com/    

Categoría: Noticias
Etiquetas: