Hoxe foi a presentación oficial da 55 edición da Semana Internacional de Cine de Valladolid, que contou coa presenza de diferentes autoridades e representantes de entidades que apoian ao certame.
Os padriños serán Pilar López de Ayala e Antonio Banderas, que acudirán á inauguración do festival o vindeiro sábado 23 de outubro e cuxa gala de clausura celebrarase o sábado 30 do mesmo mes.
O director do certame, Javier Angulo, adelantou algunhas novidades e actividades que terán lugar durante a celebración do certamen. A edición deste ano estará adicada á memoria de dúas figuras inesquecibles, o escritor Miguel Delibes e o recentemente falecido Claude Chabrol.
Por outra banda, Brasil será o exe do segundo ciclo do certame que amosará unha selección de doce longametraxes máis representativas da última época do cine brasileiro. A sección Spanish Cinema, centrada coma sempre en amosar o mellor cine realizado ao longo do ano, presentará nesta edición o preestreno de “Bon appétit”, de David Pinillos, e “Planes para mañana”, de Juana Macías, ambas óperas primas.
Tódalas actividades e o xurado das diferentes seccións, está disponible en versión PDF da revista Seminci na páxina www.seminci.es