MASTER CLASS DE MANUEL GÓMEZ PEREIRA

18 / 10 / 2010

Mañá, martes 19 de outubro, ás 18.00 horas, a sede de ARTeria Noroeste acolle a proxección de «El juego del ahorcado» (2008), de Manuel Gómez Pereira. Este drama-thriller tivo dúas nominacións aos Goya ao actor revelación (Álvaro Cervantes) e pola súa banda sonora.

Posteriormente á proxección, terá lugar unha charla-coloquio con Manuel Gómez Pereira, aclamado por comedias como Todos los hombres sois iguales (1994) ou Boca a Boca (1995).

MANUEL GÓMEZ PEREIRA

En 1973 comezou a carreira de Imaxe na facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. En 1991 debutou como director de longametraxes con Salsa Rosa.

Dende 1996 ata 1998 realizou a serie Todos los hombres sois iguales , serie galardoada co Premio Calabuch á Mellor Película no Festival de Peñíscola, o Goya ao Mellor Guión Orixinal e o Premio ó Mellor Guión Orixinal polo Círculo de Escritores Cinematográficos. Estreou a película “Cosas que hacen que la vida valga la pena” en  2004, que conseguiu o Premio Especial do Xurado no Festival de Cine de Málaga.  

En 2006, Gómez Pereira foi nomeado vicepresidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas.

Categoría: Noticias
Etiquetas: