CONFERENCIAS SOBRE “A NOVA INDUSTRIA AUDIOVISUAL” EN VIGO E A CORUÑA

18 / 10 / 2010

As ponencias terán lugar ás 17.00 horas o martes 26 de outubro en Vigo no Salón de actos da Zona Franca, e o mércores 27 en A Coruña no Salón de Actos da CEC, e serán impartidas en ámbos casos por Gonzalo Martín.

A inscrición previa ao acto e a solicitude de entrevista personalizada posible ao final da conferencia farase por rigorosa orde de recepción ata o 22 de outubro en info@informaciongalicia.net 

Avance de contidos:

·     Vídeo online: presente e futuro

·     Construír audiencias – Construír mercados

·     Converxencia dixital – personalización

·     Xerar ventas e xerar valor

·     Contidos: Personalización e transcendencia social

·     Financiación: ¿Pública? ¿Privada? ¿Capital risco?

·     Innovación – Negocio

·     Modelos de negocio: O custe de non adaptarse

·     Ideas? Orixinalidade? Cartos?

Categoría: Noticias
Etiquetas: