PONTEVEDRA ACOLLE O CURSO E O CICLO “NOVO CINEMA GALEGO”

20 / 10 / 2010

Do pasado 15 de outubro ata o 3 de decembro, tódolos venres a Casa das Campás de Pontevedra está acollendo “Novo Cinema Galego”, consistente en proxeccións que se acompañan de charlas dos directores e coloquios.

“Novo Cinema Galego” presentará unha serie de obras de autores nados a finais dos setenta, que manteñen unha actitude crítica coa ficción e están máis próximos ao documental e a unha plasticidade que evidencia que proceden de campos alleos ao cinematográfico. 

As sesións comenzan ás 19.00 horas coas presentacións que seguirán as proxeccións e posteriormente, un coloquio. O curso, organizado polo Vicerreitorado do Campus da Universidade de Vigo, está dirixido por J. M. Sande, Martin Pawley e Xurxo González.

O ciclo arrancou o 15 de outubro con 1977, de Peque Varela, e París#1, de Oliver Laxe. O 22 de outubro tocaralle o turno a Trabajos do dúo Wearegg, de Vicente Vázquez e Usue Arrieta, coa presenza de ambos directores; e o 29 de outubro, Fatum, de Pablo Millán e  Cousas do Kulechov de Susana Rei, con presenza de ambos directores xunto con Manolo González. 

O 5 de novembro veranse O vaivén e Na distancia, de Víctor Hugo Seoane; o 12 de novembro, O proceso de Artaud, de Ramiro Ledo, Cellular Movie, de Xurxo Chirro e Varona, de Lara Bacelo. O 19 de novembro, Sara y Juan e O cazador de Ángel Santos; o 26 de novembro Merenda de negros de Antón Caneiro e Po de estrelas de Alberte Pagán. O 3 de decembro, Roger de Flor: Naturalidade silvestre de Carlos Alberto Alonso.  

Categoría: Noticias
Etiquetas: