“El mensajero” (Whisper in the Wind),), do director iraniano Sharham Alidi, resultou a gañadora a oitava edición do festival internacional de Cinema Euroárabe Amal, na categoría de mellor longametraxe de ficción. Ademais, o seu actor protagonista, Omar Chawshin foi galardoado co premio á mellor interpretación masculina.
O premio á mellor dirección de Amal 2010 compárteno dous directores, Elia Suleiman, polo seu traballo en “El tiempo restante” (The time that remains) e Michel Khleifi, por “Zindeeq”. En canto á categoría de mellor actriz, os membros do xurado decidiron outorgar un premio colectivo a Hafsia Herzi, Sondos Belhassen e Wassila Dari, polas súas interpretacións en “Secretos enterrados” (Buried Secrets).
A produción francesa “Es domingo” (C´est dimanche), dirixida por Samir Guesmi, foi elixida como mellor curtametraxe de ficción. “Camino a Nahr A Bared” do sevillano Sebastián Talavera impúxose sobre as súas competidoras como mellor longametraxe documental e Mi muñeca de trapo” (My rag doll) de Shereen Ghieth, alzouse co premio a mellor curto documental.
O Premio Amal do Público desta oitava edición recae en “Mashi trasi que trasi” do director catalán Eduardo Alter e “El tiempo restante” (The time that remains) de Elia Sulieman, recibe o galardón outorgado pola Televisión de Galicia.
Por último, o Premio a de esta segunda edición de AmalExpress é para “Camiño da memoria, Path of memory”.
Palmarés Amal 2010Mellor Longametraxe de Ficción: “El mensajero” (Whisper in the Wind)
Mellor Longametraxe Documental: “Camino a Nahr Al Bared”Mellor Curtametraxe de Ficción: “Es domingo” (C´est dimanche)
Mellor Curtametraxe Documental: “Mi muñeca de trapo”
Mellor Director: Elia Sulieman y Michel KhleifiMellor Actriz: Hafsia Herzi, Sondos Belhassen y Wassila Dari
Mellor Actor: Omar ChawshinPremio Amal doPúblico: “Mashi trasi que trasi”Premio Televisión de Galicia: “El tiempo restante” (The time that remains)
Premio Amal Express: “Camiño da memoria, Path of memory”.