A TVG EMITE ESTE MÉRCORES O DOCUMENTAL GALEGO SOBRE A GUERRA CIVIL «O SEGREDO DA FROUXEIRA»

30 / 11 / 2010

Este mércores a partir das 22.45 horas a segunda canle da Televisión de Galicia emite o documental galego «O Segredo da Frouxeira». A peza audiovisual, dirixida por Xosé Abad, presenta una nova perspectiva sobre a Guerra Civil Española e as súas consecuencias na actualidade.

«Nós non pedimos vinganza, só coñecer a verdade” Setenta anos despois dun traumático acontecemento familiar, Paulino Gasalla atopa un pequeno paquete con recortes e recordos. Impresionado inicia unha minuciosa investigación que lle levará a se enfrontar ás consecuencias que implica o seu descubrimento. “O Segredo da Frouxeira” afonda na historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante décadas.

Categoría: Noticias
Etiquetas: